17 mar. 2015

LEMBRANDO A ROSALÍA

Este ano, os nen@s de 6ºA do CEIP Canicouva (Vigo) traballaron o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro. A primeira actividade que fixeron con él foi coñecer as súas estrofas e, para iso, escribíronnas coa aplicación "Notegraphy", buscando o deseño que máis lles gustaba. Aquí as presentamos

11 mar. 2015

PINTA, CANTA E ROBOTÍZATE CON ROSALÍA

As actividades que se desenvolven a continuación leváronse a cabo nunha aula de 4 anos:


Coñecemos un pouco da vida da nosa escritora, utilizando un LIM que elaborei hai dous anos.




Rosalía recitounos as estrofas do poema que traballamos na aula.

  



Para aprender o vocabulario do poema: ríos, fontes, horta, figueira...Usamos as imaxes deste  Video de youtube.

Elaborei a seguinte ficha en formato díptico, cun código QR que nos permitiu escoitar a Amancio Prada na escola e na casa.




Gravamos o noso poema
Así quedaron os nosos traballos 




E para rematar!!!
Iniciamos a nosa andaina no mundo da Robótica da man da nosa abelliña (BEE-BOT).
A nosa actividade: "XOGANDO CO NOME DE ROSALÍA"

1. Escribir o nome da escritora no chan con xiz.

2. Colocamos o noso taboleiro coa caricatura da escritora, punto de partida do noso   BEE-BOT, e as letras. 

3. Programamos a nosa abelliña (dirección en secuencias adiante  atrás, esquerda, dereita) para que siga o camiño das letras do nome da escritora.