29 jun 2011

Decoración Festival Letras Galegas 2011

Compartimos o deseño da decoración do noso salón para a celebración do Día das Letras Galegas deste ano adicado a Lois Pereiro.
Elaboramos unha enorme bandeira de Galicia na que escribimos un resumo do motivo polo que a celebración deste día é o 17 de maio.



Este é o texto do que parte o noso resumo:

No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.
        A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 
        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.
         Ignorábase a data exacta de publicación do libroCantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

Esta é a carta que Rosalía escribe a Fernán Caballero adicándolle a súa obra: 

A Fernán Caballero

              Señora:
Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.
  Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía de Castro de Murguía. 

A carta escrita por Rosalía de Castro pódese apreciar no lado esquerdo da fotografía

No hay comentarios:

Publicar un comentario