Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para
celebrar o Día das Letras Galegas
Participa!
+info: asnosasletras@gmail.com
Este ano estou de titora de 5º de Primaria nun novo centro, o CEIP de Maciñeira. Hoxe na miña aula, celebramos o día de Rosalía con distintas actividades.
Gravando este video:
Facendo un mural no que escribimos algunhas das súas poesías:
Hoxe cúmprese o 178 aniversario de Rosalía de Castro, e na aula de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui decidimos celebralo facendo raps coas súas poesías, disfrutádeas ;)
Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro. Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.
TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.
Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos, gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.
Os alumnos de 4º de Educación Infantil do Ceip Balaídos realizaron catro videoclips para aprender as partes do corpo dunha maneira rítmica e divertida. Coa axuda do mestre e das familias os peques deberon buscar as cancións no cole e na casa, traducilas entre todos, aprendender a letra e idear os bailes, facer as fotos do corpo, facer un esbozo do corpo, colorear debuxos, facer un mural coas mans, escoller os fondos, grabalas...