Mostrando entradas con la etiqueta videocreación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videocreación. Mostrar todas las entradas

30 abr 2015

Quén é Xosé Filgueira Valverde?




O alumnado do CEE de Panxón realizou este vídeo para participar no proxecto As nosas letras amosando o traballo realizado sobre a vida do autor homenaxeado neste ano 2015 no Día das Letras Galegas.

O proceso foi o seguinte.

Os alumnos e alumnas, distribuidos en equipos de 4, recibiron un fragmento da información sobre a vida de Xosé Filgueira Valverde cada un.
Fíxose unha lectura compartida obtendo una lista de palabras clave de cada fragmento.
Cada equipo realizou un esquema coa aplicación Popplet con esas palabras.
Coa aplicación Tellagami gravaron os nomes dos participantes.
Finalmente se uniron todos os vídeos coas imaxes dos esquemas.

A información utilizada sobre o autor foi descargada na web do Seminario Galán
Enlace ao documento.
A realización da actividade foi posible grazas a colaboración de todo o alumnado e profesorado do CEE de Panxón e o proxecto @convigotablets.


24 feb 2015

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Este ano estou de titora de 5º de Primaria nun novo centro, o CEIP de Maciñeira. Hoxe na miña aula, celebramos o día de Rosalía con distintas actividades.

Gravando este video:

 

Facendo un mural no que escribimos  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:

O NOSO LIBRO NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro.  Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.

TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.

Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos,  gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.

Esperamos que vos guste.




8 feb 2015

Cantando o corpo.

Os alumnos de 4º de Educación Infantil do Ceip Balaídos realizaron catro videoclips para aprender as partes do corpo dunha maneira rítmica e divertida. Coa axuda do mestre e das familias os peques deberon buscar as cancións no cole e na casa, traducilas entre todos, aprendender a letra e idear os bailes, facer as fotos do corpo, facer un esbozo do corpo, colorear debuxos, facer un mural coas mans, escoller os fondos, grabalas... 








20 may 2014

POEMAS-PEDRA PARA AS LETRAS GALEGAS.

En 1º de ESO traballamos o texto poético por grupos e decidimos pasar o noso poema, que comentamos, a unha pedra (tamén valían cunchas,...) e expoñelos o Día das Letras Galegas. Este traballo forma parte dun proxecto  máis amplo, pero hoxe decidimos presentarvos os nosos poemas;  Esperamos que vos gusten.



Poemas de Nimbos.


18 may 2014

Os homenaxeados len os nosos poemas.

Sempre que chega a data das letras galegas, os nenos e nenas len relatos, contos ou poemas d@ homenaxead@, pero no C.E.I.P Balaídos tivemos unha idea, que sexan os propios homenaxeados os que lean poesías que fixeron @s nos@s alumn@s. Así que coa app Funny Maker do IPAD fixemos que personalidades das letras galegas volveran recitar versos, aínda que por esta vez, non era eles os autores.