Mostrando entradas con la etiqueta 1º primaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º primaria. Mostrar todas las entradas

8 may 2015

O pomar, de Xosé Filgueira Valverde

Na aula de 1º B do CEIP Nosa Señora dos Remedios, realizamos diferentes traballos sobre o texto "O Pomar" (escollido dos materiais do Seminario Galán) de xeito colaborativo.

6 grupos
4 membros
6 actividades
1 produto final


  • Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
  • Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
  • Grupo 3: Cartel do texto.
  • Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
  • Grupo 5: Ilustración do texto.
  • Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.


PRODUTO FINAL: vídeo que recompile todas as actividades.


26 abr 2015

Poesía colaborativa "Somos piratas"

Na aula de 1ºB decidimos facer este ano, polo día do libro, unha poesía colaborativa.

Cun remuíño de ideas decidimos o tema (os piratas) e as palabras que poderían aparecer nesta poesía.

 Entre todos elaboramos a primeira estrofa.

 Amigos piratas 
 que saquean tesouros. 
 Grandes piratas 
 que teñen ouro. 

 A seguinte estrofa é diferente para cada equipo. Empregamos a metodoloxía do traballo colaborativo para que cada membro do grupo pensase e escribise un verso.

 Rematamos coa gravación dun vídeo coa poesía completa de cada equipo.





24 feb 2015

O NOSO LIBRO NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro.  Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.

TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.

Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos,  gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.

Esperamos que vos guste.




22 may 2014

Xosé María Díaz Castro en nubes de palabras.

Despois de levar varios días coñecendo a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, os nenos de 1º de primaria fixeron entre todos unha lista con todas as palabras que lles pareceron máis significativas para eles. Un a un as foron escribindo no IPAD, na app Visual Poetry, escollimos o modelo, a cor do fondo e a cor das letras e este foi o resultado final.




3 jun 2013

O noso cómic para as Letras Galegas 2013

Aquí vos deixamos o noso traballo para o día das letras galegas.

Vimos os cómics en lingua e quixemos aprobeitar para facer as nosas viñetas empregando algúns datos que aprendimos sobre Roberto Vidal Bolaño e baseándonos na obra "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL".

 Desexamos que vos guste.