Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

2 feb 2016

MANUSCRITOS ROSALIANOS

Descubrindo como eran os libros antes da invención da imprenta, e de paso, lendo a nosa "poeta" (sóanos mellor que poetisa) preferida, Rosalía de Castro.
Para facer os manuscritos simplemente enrugamos unha folla, despois volvemos estendela, empapámola ben en café, e finalmente secámola (para iso usamos un secador de pelo)






...

15 may 2015

26 abr 2015

Poesía colaborativa "Somos piratas"

Na aula de 1ºB decidimos facer este ano, polo día do libro, unha poesía colaborativa.

Cun remuíño de ideas decidimos o tema (os piratas) e as palabras que poderían aparecer nesta poesía.

 Entre todos elaboramos a primeira estrofa.

 Amigos piratas 
 que saquean tesouros. 
 Grandes piratas 
 que teñen ouro. 

 A seguinte estrofa é diferente para cada equipo. Empregamos a metodoloxía do traballo colaborativo para que cada membro do grupo pensase e escribise un verso.

 Rematamos coa gravación dun vídeo coa poesía completa de cada equipo.





1 abr 2015

A COCIÑA DO INFERNO


A COCIÑA DO INFERNO é o prato caseiro que os alumnos e alumnas de sexto de Primaria do C.P.R. Plurilingüe Luis Vives Ourense cociñaron despois de ler a marabillosa historia de "Escarlatina, a cociñeira defunta" escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Víctor Rivas.

Se queres "saborealo" só tes que pulsar na imaxe.

Esperamos que vos goste. 



13 may 2014

HOMENAXE Á NOSA LINGUA

A NOSA HOMENAXE AOS HOMENAXEADOS

Rematamos a nosa pequena, pero sentida, homenaxe a todos eses autores que ao longo destes anos se lles foi adicando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Eses autores que seguiron defendendo, falando e escribindo na nosa lingua, na lingua dos nosos antergos.

Ao final fixemos REALIDADE AUMENTADA, CÓDIGOS QR, CARICATURAS, VÍDEOS E SON.

Usamos tamén varias apps como: AURASMA, DEFORME, SOUNDCLOUD e MORFO BOOTH.

E temos varios taboleiros en Pinterest, un GoogleMaps e un Sites en Google.