Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

17 may 2018

BIOGRAFÍA DE Mª VICTORIA MORENO


Os nenos e nenas de quinto de Educación Primaria do CEIP de Maciñeira, fixemos este video da biografía de Mª Victoria Moreno utilizando o programa Crazy Talk 8 e as nosas voces. Esperamos que vos guste:

1 may 2017

A GALIÑA AZUL, CURTA DE ANIMACIÓN EN PLASTILINA

O alumnado de 5º de E.Infantil  e de 4º de E. Primaria do CEIP García Barbón, colaboraron activamente para poder crear esta curta de animación coa app Stop Motion.


A GALIÑA AZUL - CARLOS CASARES from Julia Pérez on Vimeo.

18 may 2015

A nosa versión de: Os nenos de Xosé Filgueira Valverde.

En 1925 Xosé Filgueira Valverde publicou a súa obra Os nenos, na que pequenos e pequenas contaban historias ou recordos propios da vida cotiá. Os alumnos de 3 anos, coa colaboración dos alumnos de 5º de primaria, realizaron un ibook para aprender vocabulario en galego, onde recolleron os seus propios recordos ou historias.
Así é como se visualizan as páxinas.

Este foi o resultado final en vídeo.

15 may 2015

7 may 2015

Facendo infografías con textos de Filgueira Valverde.

Adiantamos aquí unha mostra dun traballo que estamos facendo co gallo das Letras Galegas nun curso de diversificación e en 1º da ESO os alumnos do IES María Sarmiento. Non poderemos acabalo ata despois do 17 por ter outras actividades programadas, pero compartimos algo do que levamos feito.
Preme na imaxe para ver o noso traballo.


22 may 2014

Xosé María Díaz Castro en nubes de palabras.

Despois de levar varios días coñecendo a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, os nenos de 1º de primaria fixeron entre todos unha lista con todas as palabras que lles pareceron máis significativas para eles. Un a un as foron escribindo no IPAD, na app Visual Poetry, escollimos o modelo, a cor do fondo e a cor das letras e este foi o resultado final.




20 may 2014

POEMAS-PEDRA PARA AS LETRAS GALEGAS.

En 1º de ESO traballamos o texto poético por grupos e decidimos pasar o noso poema, que comentamos, a unha pedra (tamén valían cunchas,...) e expoñelos o Día das Letras Galegas. Este traballo forma parte dun proxecto  máis amplo, pero hoxe decidimos presentarvos os nosos poemas;  Esperamos que vos gusten.



Poemas de Nimbos.


18 may 2014

Teatro negro "Xogamos limpo".

Como todos os anos, o teatro negro da o pistoletazo de saída as actividades conmemorativa das letras galegas, adicadas a Xosé María Díaz Castro, no CEIP Balaídos. Os alumnos de 6º traballaron moi duro nas clases de música para preparar este espectáculo tan incrible. A obra chámase "Xogamos limpo", e trata sobre eses problemiñas que xorden no recreo cando xogamos ao fútbol. O guión da obra foi creada coa axuda dunha mestra de primaria, Ruth Bermúdez do CEIP Carrasqueira, Rafa, coordinador de normalización, o conxerxe, que axudou coa escenografía para que non entrara ningunha soa raiola de luz, e o resto do equipo docente. Foi un gran traballo do centro, e aquí tedes resultado.

17 may 2014

Terra sucada

O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía mediante unha aplicación chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados…

13 may 2014

HOMENAXE Á NOSA LINGUA

A NOSA HOMENAXE AOS HOMENAXEADOS

Rematamos a nosa pequena, pero sentida, homenaxe a todos eses autores que ao longo destes anos se lles foi adicando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 

Eses autores que seguiron defendendo, falando e escribindo na nosa lingua, na lingua dos nosos antergos.

Ao final fixemos REALIDADE AUMENTADA, CÓDIGOS QR, CARICATURAS, VÍDEOS E SON.

Usamos tamén varias apps como: AURASMA, DEFORME, SOUNDCLOUD e MORFO BOOTH.

E temos varios taboleiros en Pinterest, un GoogleMaps e un Sites en Google.











5 may 2014

3 feb 2014

ACHEGÁMONOS A DÍAZ CASTRO.


Make your own mind maps with Mindomo.

18 abr 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO



 

Como ben sabedes este ano dedícaselle o día das letras galegas a Roberto Vidal Bolaño. Na aula virtual do CPI da Ribeira, no curso de letras galegas 2013, que está dentro da categoria de grupo de traballo 2012, déixovos un libro e un cuestionario sobre este dramaturgo, actor, director... Pinchade aquí para acceder directamente.
Están pensados para o último ciclo de Educación Primaria.
No libro podedes entrar directamente, pero como na aula virtual non teñen acceso aos cuestionarios os convidados, tendes unha copia de seguridade que podedes restaurar na aula virtual do voso centro.
Se vos vale de algo usade este material, reformádeo...pero conservade a autoría do que xa está feito.
Grazas.