Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Mostrar todas las entradas

25 feb 2017

Adeus ríos adeus fontes recitado por Rosalía de Castro.

Para celebrar o día de Rosalía de Castro os alumnos e alumnas de 6º de educación infantil do CEIP Balaídos de Vigo emprestáronlle a súa voz a grande escritora galega, para que nos recitase un dos seus poemas máis coñecidos.

24 feb 2017

DÍA DE ROSALíA, ROSALÍATE

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS APRENDEMOS O POEMA "PARECE UNHA ROSA" E RECITÁMOLO ENTRE TOD@S.

PARECE UNHA ROSA from Julia Pérez on Vimeo.

24 feb 2015

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Este ano estou de titora de 5º de Primaria nun novo centro, o CEIP de Maciñeira. Hoxe na miña aula, celebramos o día de Rosalía con distintas actividades.

Gravando este video:

 

Facendo un mural no que escribimos  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe cúmprese o 178 aniversario de Rosalía de Castro, e na aula de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui  decidimos celebralo facendo raps coas súas poesías, disfrutádeas ;)

O NOSO LIBRO NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro.  Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.

TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.

Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos,  gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.

Esperamos que vos guste.