Comeza a andaina do proxecto relacionado co Día das Letras Galegas. Un proxecto da escola e para a escola que reune distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas.
Lembramos que os obxectivos do proxecto son:
- Potenciar o gusto pola cultura en especial atención á de Galicia.
- Coñecer a homes e mulleres que realizaron aportacións importantes á cultura e á sociedade galega.
- Fomentar o espíritu colaborativo
- Animar ao noso alumnado a expresarse mediante distintos xeitos.
Se eres docente de infantil, primaria ou secundaria e queres participar co teu grupo de alumnos/as só terás que compartir con nós unha actividade (ben sexa baile, canción, representación teatral, recitación dun poema, representación dun conto, lectura dunha historia ou biografía dun escritor/a) que se poda representar coas letras galegas de fondo.
A novidade con respecto ao ano pasado é que cada mestre/a participante recibirá unha notificación de autoría para editar no blogue as súas propias entradas con total liberdade.
Le as bases e contacta con nós para participar ou consultar calquera cousa.
asnosasletras@gmail.com
Agardámoste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario