Recitamos a Rosalía de Castro. Hoxe un poema de Cantares gallegos que fixeron alumnos de 1º da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro.
Nasin cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro cravo me encravaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corasón che mando
C' unha chave par' o abrir,
Nin eu teño máis que darche,
Nin ti máis que me pedir.
Aquí está o vídeo de Alejandro e Vicente Montoya de 1º B.
1.Busca no texto cinco exemplos de seseo.
2.Para falarmos: Como dirías que é a relación amorosa destas dúas persoas?
1.Busca no texto cinco exemplos de seseo.
2.Para falarmos: Como dirías que é a relación amorosa destas dúas persoas?
2.Para falarmos: Como dirías que é a relación amorosa destas dúas persoas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario