Valentín Paz Andrade é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2012.
Os nenos e nenas de 2ºB recitan uns versos seus.
Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para celebrar o Día das Letras Galegas Participa! +info: asnosasletras@gmail.com
22 jun 2012
Poema de Valentín Paz Andrade
Etiquetas:
Ceip Infante,
Paz Andrade,
poesía,
primaria
Instrucións para ser poeta
Versión dun poema do libro "O meu gato poeta" de Fran Alonso realizada polo alumnado de 3ºA
Etiquetas:
Ceip Infante,
Fran Alonso,
poesía,
primaria
27 may 2012
TRABALLO SOBRE MARISA NUÑEZ
Os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra) fixemos investigacións sobre a autora MARISA NUÑEZ.
Ela naceu no ano 1961 en Sarria (Lugo) e traballa como mestra en Hío (Cangas) como mestra de Educación Infantil. Ademais diso e escritora e escribiu distintos libros para nenos. Aquí tedes unha fotografía dela.Para comenzar propuxemos a lectura do libro A CEBRA CAMILA
E aquí vos deixamos un LIM preparado pola mestra Ana Martínez Rey que presenta o conto e actividades relacionadas con el e que atopamos no blog Contos para ver e ler.
E aquí temos tamén un video deste conto.
E estes son outros contos dela:
Por este conto recibiu o Primeiro Premio Internacional do Libro Infantil da funcación "Espace Enfants" de Suíza.
E a continuación querémosvos mostrar o resultado do noso traballo.
Aquí tamén vos queda a entrevista que lle fixemos a través do correo electrónico:
E por último presentámosvos aquí o que fixemos para que se publique na revista do colexio:
Foi un traballo moi entretido e ao mesmo tempo coñecemos a esta autora galega.
21 may 2012
BLOGUE DE LOITO
CONTRA OS RECORTES EN EDUCACIÓN
ESTRE BLOGUE ESTIVO DE NEGRO NO DÍA 22 DE MAIO DE 2012
PERO SEGUE DE LOITO
15 may 2012
ACTIVIDADE PARA TRABALLAR CON PAZ ANDRADE
Actividade NoteBook elaborada polo equipo de E. Infantil do Grupo de Traballo O EDI NA AULA do CEIP P. Infante Felipe de Borbón.
Para traballar con ela só temos que premer na imaxe e agardar á descarga.
3 may 2012
As nosas letras. Proxecto 2012
Xa estamos en maio, o mes das nosas letras.
Comeza a andaina do proxecto relacionado co Día das Letras Galegas. Un proxecto da escola e para a escola que reune distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas.
Lembramos que os obxectivos do proxecto son:
Comeza a andaina do proxecto relacionado co Día das Letras Galegas. Un proxecto da escola e para a escola que reune distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas.
Lembramos que os obxectivos do proxecto son:
- Potenciar o gusto pola cultura en especial atención á de Galicia.
- Coñecer a homes e mulleres que realizaron aportacións importantes á cultura e á sociedade galega.
- Fomentar o espíritu colaborativo
- Animar ao noso alumnado a expresarse mediante distintos xeitos.
Se eres docente de infantil, primaria ou secundaria e queres participar co teu grupo de alumnos/as só terás que compartir con nós unha actividade (ben sexa baile, canción, representación teatral, recitación dun poema, representación dun conto, lectura dunha historia ou biografía dun escritor/a) que se poda representar coas letras galegas de fondo.
A novidade con respecto ao ano pasado é que cada mestre/a participante recibirá unha notificación de autoría para editar no blogue as súas propias entradas con total liberdade.
Le as bases e contacta con nós para participar ou consultar calquera cousa.
asnosasletras@gmail.com
Agardámoste.
Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




+21.41.44.png)
+21.07.40.png)