Os alumnos coaboradores da biblioteca fixemos carteis para a o Día da Muller sobre aquelas mulleres que foron pioneiras nas súas vidas ou que nos chamaron a atención por algo. Estes son algúns dos traballos.
Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para celebrar o Día das Letras Galegas Participa! +info: asnosasletras@gmail.com
7 mar 2016
2 feb 2016
MANUSCRITOS ROSALIANOS
Descubrindo como eran os libros antes da invención da imprenta, e de paso, lendo a nosa "poeta" (sóanos mellor que poetisa) preferida, Rosalía de Castro.
Para facer os manuscritos simplemente enrugamos unha folla, despois volvemos estendela, empapámola ben en café, e finalmente secámola (para iso usamos un secador de pelo)
...
Etiquetas:
CPR Luis Vives,
galego,
manuscrito,
poema,
Rosalía de Castro,
sexto
29 ene 2016
UN POEMA PARA A PAZ
Na compaña da poesía, do ritmo e da estética do noso poeta vigués, Antonio García Teijeiro, a nosa pombiña poeta une o mar e o ceo neste precioso poema.
Os nenos e nenas de 5 anos ilustraron o poema dando cor as palabras. En cada páxina hai un código QR co que podemos escoitar aos peques.
Etiquetas:
Antonio García Teijeiro,
CEIP García Barbón,
código qr,
infantil
2 dic 2015
MANS POLA IGUALDADE
No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas do terceiro ciclo do CEIP de Maciñeira, fixeron unha adaptación do álbum ilustrado de Xabier Docampo, "MANS" (idea orixinal do CEIP Frians Teis)
Etiquetas:
2015,
3º ciclo primaria,
CEIP de Maciñeira,
Xabier Docampo
24 nov 2015
A primavera de Curros
Manuel Curros Enríquez, natural de Celanova é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
Este curso pasado quixemos recordalo e coñecelo máis de preto e ilustramos unha das súas poesías, titulada " A Primavera" pertencente ao libro Aires da miña terra. Empregamos a aplicación BOOK CREATOR tanto para crear os debuxos como para escribir os textos.
Este curso pasado quixemos recordalo e coñecelo máis de preto e ilustramos unha das súas poesías, titulada " A Primavera" pertencente ao libro Aires da miña terra. Empregamos a aplicación BOOK CREATOR tanto para crear os debuxos como para escribir os textos.
Podedes ver no seguinte slide o traballo de ilustración.
Etiquetas:
4º Primaria,
app,
Book Creator,
C.E.I.P. Ponte dos Brozos,
Manuel Curros,
poesía
24 jun 2015
Exposición de galegas ilustres.
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron unha exposición de carteis con códigos QR adicados a figura de distintas mulleres galegas que destacan en distintos campos.
Ao ler o código QR se accede a un vídeo feito coa app ChatterPix onde cada protagonista do cartel conta a súa historia.
Etiquetas:
apps,
CEIP Balaídos,
códigos qr,
mulleres,
sexto
31 may 2015
ENTREVISTAMOS A ...PAULA CARBALLEIRA
Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:
Etiquetas:
CEIP de Maciñeira,
entrevista,
Paula Carballeira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







