En 3º da ESO algúns alumnos fixeron vídeos con poemas de Manuel María. Primeiro gravaron en audio o texto e despois montaron as imaxes e a música en Movie Maker. Velaquí algúns deles.
Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para celebrar o Día das Letras Galegas Participa! +info: asnosasletras@gmail.com
13 may 2016
4 may 2016
MANUEL MARÍA, POETA DO COTIÁN
Os nenos e nenas de 5 anos achégannos á poesía de Manuel María
Etiquetas:
CEIP García Barbón,
Letras Galegas,
Manuel María,
poesía
8 abr 2016
GÚSTANOS FACER POEMAS
Como o 2016 é ano olímpico, os nenos e nenas de 4ºB, que somos algo poetas, fixemos uns poemas relacionados cos deportes olímpicos.
Cada un de nós ilustrou e gravou o seu poema, que poderedes escoitar lendo os códigos QR.
Cada un de nós ilustrou e gravou o seu poema, que poderedes escoitar lendo os códigos QR.
Etiquetas:
CEIP García Barbón,
códigos qr,
poesía
7 mar 2016
Carteis para o Día da Muller, 2016.
Os alumnos coaboradores da biblioteca fixemos carteis para a o Día da Muller sobre aquelas mulleres que foron pioneiras nas súas vidas ou que nos chamaron a atención por algo. Estes son algúns dos traballos.
Etiquetas:
2016,
Día da Muller,
Ed.Secundaria,
IES Mª Sarmiento,
Póster
2 feb 2016
MANUSCRITOS ROSALIANOS
Descubrindo como eran os libros antes da invención da imprenta, e de paso, lendo a nosa "poeta" (sóanos mellor que poetisa) preferida, Rosalía de Castro.
Para facer os manuscritos simplemente enrugamos unha folla, despois volvemos estendela, empapámola ben en café, e finalmente secámola (para iso usamos un secador de pelo)
...
Etiquetas:
CPR Luis Vives,
galego,
manuscrito,
poema,
Rosalía de Castro,
sexto
29 ene 2016
UN POEMA PARA A PAZ
Na compaña da poesía, do ritmo e da estética do noso poeta vigués, Antonio García Teijeiro, a nosa pombiña poeta une o mar e o ceo neste precioso poema.
Os nenos e nenas de 5 anos ilustraron o poema dando cor as palabras. En cada páxina hai un código QR co que podemos escoitar aos peques.
Etiquetas:
Antonio García Teijeiro,
CEIP García Barbón,
código qr,
infantil
2 dic 2015
MANS POLA IGUALDADE
No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas do terceiro ciclo do CEIP de Maciñeira, fixeron unha adaptación do álbum ilustrado de Xabier Docampo, "MANS" (idea orixinal do CEIP Frians Teis)
Etiquetas:
2015,
3º ciclo primaria,
CEIP de Maciñeira,
Xabier Docampo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






