17 mar 2015

LEMBRANDO A ROSALÍA

Este ano, os nen@s de 6ºA do CEIP Canicouva (Vigo) traballaron o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro. A primeira actividade que fixeron con él foi coñecer as súas estrofas e, para iso, escribíronnas coa aplicación "Notegraphy", buscando o deseño que máis lles gustaba. Aquí as presentamos

11 mar 2015

PINTA, CANTA E ROBOTÍZATE CON ROSALÍA

As actividades que se desenvolven a continuación leváronse a cabo nunha aula de 4 anos:


Coñecemos un pouco da vida da nosa escritora, utilizando un LIM que elaborei hai dous anos.




Rosalía recitounos as estrofas do poema que traballamos na aula.

  



Para aprender o vocabulario do poema: ríos, fontes, horta, figueira...Usamos as imaxes deste  Video de youtube.

Elaborei a seguinte ficha en formato díptico, cun código QR que nos permitiu escoitar a Amancio Prada na escola e na casa.




Gravamos o noso poema
Así quedaron os nosos traballos 




E para rematar!!!
Iniciamos a nosa andaina no mundo da Robótica da man da nosa abelliña (BEE-BOT).
A nosa actividade: "XOGANDO CO NOME DE ROSALÍA"

1. Escribir o nome da escritora no chan con xiz.

2. Colocamos o noso taboleiro coa caricatura da escritora, punto de partida do noso   BEE-BOT, e as letras. 

3. Programamos a nosa abelliña (dirección en secuencias adiante  atrás, esquerda, dereita) para que siga o camiño das letras do nome da escritora. 



24 feb 2015

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Este ano estou de titora de 5º de Primaria nun novo centro, o CEIP de Maciñeira. Hoxe na miña aula, celebramos o día de Rosalía con distintas actividades.

Gravando este video:

 

Facendo un mural no que escribimos  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe cúmprese o 178 aniversario de Rosalía de Castro, e na aula de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui  decidimos celebralo facendo raps coas súas poesías, disfrutádeas ;)

O NOSO LIBRO NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro.  Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.

TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.

Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos,  gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.

Esperamos que vos guste.




8 feb 2015

Cantando o corpo.

Os alumnos de 4º de Educación Infantil do Ceip Balaídos realizaron catro videoclips para aprender as partes do corpo dunha maneira rítmica e divertida. Coa axuda do mestre e das familias os peques deberon buscar as cancións no cole e na casa, traducilas entre todos, aprendender a letra e idear os bailes, facer as fotos do corpo, facer un esbozo do corpo, colorear debuxos, facer un mural coas mans, escoller os fondos, grabalas... 








31 oct 2014

Proposta de traballo por Santos e Defuntos: lectura e escritura creativas.

En 1º da ESO decidimos traballar o Samaín ou Santos e Defuntos como lle chamamos este ano co "ollo de vidro" de Castelao. Despois de ler o relato  Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, creamos as nosas historias, algunhas das cales deixamos aquí no documento Issuu. Que as gocedes!

DOCUMENTO COMPARTIDO

Castelao: Un ollo de vidro (Texto en PDF)