24 nov 2015

A primavera de Curros

Manuel Curros Enríquez, natural de Celanova  é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
Este curso pasado quixemos recordalo e coñecelo máis de preto e ilustramos unha das súas poesías, titulada " A Primavera" pertencente ao libro Aires da miña terra.  Empregamos a aplicación BOOK CREATOR tanto para crear os debuxos como para escribir os textos.


Podedes ver no seguinte slide o traballo de ilustración.

24 jun 2015

Exposición de galegas ilustres.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron unha exposición de carteis con códigos QR adicados a figura de distintas mulleres galegas que destacan en distintos campos.
Ao ler o código QR se accede a un vídeo feito coa app ChatterPix onde cada protagonista do cartel conta a súa historia.
Para ver o resto de vídeos premer aquí.

31 may 2015

ENTREVISTAMOS A ...PAULA CARBALLEIRA


Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:

  

20 may 2015

O dragón e o Caldeiro Máxico

Este é un proxecto aínda inacabado. Baséase na invención de historias, na imaxinación, no xogo coa lingua galega, na escritura e, por suposto, na narrativa mediante os novos medios. O seu nome, O dragón e o Caldeiro Máxico, ten unha explicación que se conta nese sitio. O obxectivo é sinxelo: recoller e pasar a un formato dixital todas as historias que se coñecen dun ser especial chamado Ismaíl o diminuto. Desde a primeira, O pobre Ismaíl (1996), que naceu no país de Malpica de Bergantiños; ata a última historia polo momento, O Mundo Gominola (2015), descuberta nas terras de Culleredo.

O protagonista de moitas das historias que se poden ler, vive agora no blog Escola de Ismaíl (4). Alí espera a vosa visita, pois sempre seredes ben recibidos…

O dragón e o Caldeiro Máxico

18 may 2015

A nosa versión de: Os nenos de Xosé Filgueira Valverde.

En 1925 Xosé Filgueira Valverde publicou a súa obra Os nenos, na que pequenos e pequenas contaban historias ou recordos propios da vida cotiá. Os alumnos de 3 anos, coa colaboración dos alumnos de 5º de primaria, realizaron un ibook para aprender vocabulario en galego, onde recolleron os seus propios recordos ou historias.
Así é como se visualizan as páxinas.

Este foi o resultado final en vídeo.

15 may 2015

8 may 2015

O pomar, de Xosé Filgueira Valverde

Na aula de 1º B do CEIP Nosa Señora dos Remedios, realizamos diferentes traballos sobre o texto "O Pomar" (escollido dos materiais do Seminario Galán) de xeito colaborativo.

6 grupos
4 membros
6 actividades
1 produto final


  • Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
  • Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
  • Grupo 3: Cartel do texto.
  • Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
  • Grupo 5: Ilustración do texto.
  • Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.


PRODUTO FINAL: vídeo que recompile todas as actividades.