29 oct. 2013

Temos o selo Boa Práctica Iberoamericana LEER.ES


Acabamos de coñecer unha nova moi importante que queremos compartir con todos vós:

O proxecto "As nosas letras" acaba de recibir a distinción de 

Esta iniciativa está xestionada polo Centro Virtual Leer.es do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España e se publica mensualmente na páxina web.



Neste caso formamos parte dos premiados no mes de outubro, na categoría de Traballos de colaboración entre centros.

Todas as persoas que participamos neste proxecto estamos moi agradecidas de tan especial nomeamento que nos fai seguir traballando con máis ganas, se cabe, por fomentar o uso e coñecemento da nosa lingua nos nosos centros.

Sello de Buena Práctica Iberoamericana leer.es

A partir de hoxe lucimos o selo con moitísimo orgullo. Grazas ao Centro Virtual Leer.es por considerarnos merecedores de tal premio.

Vivan As Nosas Letras, vivan as Letras Galegas!

29 sept. 2013

HELENA VILLAR JANEIRO E OS HAIKÚS.


Make your own mind maps with Mindomo.

21 sept. 2013

TIPOS DE TEXTOS.

3 jun. 2013

O noso cómic para as Letras Galegas 2013

Aquí vos deixamos o noso traballo para o día das letras galegas.

Vimos os cómics en lingua e quixemos aprobeitar para facer as nosas viñetas empregando algúns datos que aprendimos sobre Roberto Vidal Bolaño e baseándonos na obra "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL".

 Desexamos que vos guste.

31 may. 2013

CREBACABEZAS.

Facemos crebacabezas e coñecemos ás nosas esritoras.

25 may. 2013

ASÍ O CELEBRAMOS, LETRAS GALEGAS 2013

video

No CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, as aulas de 3º e 6º de primaria, decidimos traballar de maneira cooperativa. Cada alumn@ elixiu un personaxe ao que xa se lle adicou o Día das Letras Galegas e foi a explicalo ás outras clases. Despois fixemos un video no que os alumn@s de 6º de primaria representan os personaxes que cada un elixiu e os de 3º de primaria representan a Vidal Bolaño.
A intención dos alumn@s era facer un Harlem Shake adapatado. Agardamos que vos guste!!!

14 may. 2013

AS TÚAS VERBAS, A NOSA VOZ



ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Biografía



Anacos da súa obra "Laudamuco, señor de ningures"




Anaco da obra "Xáxara, Peituda, Paniogas, Taselo, o Rapaz e o Cachamón..."

WEBCLUE SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Co material que temos preparado sobre Roberto Vidal Bolaño, fixemos unha WEBCLUE. Unha Webclue é unha actividade na que os nenos e nenas deben convertirse en detectives para descubrir a identidade dun personaxe segredo seguindo unha serie de pistas.
Constan de seis apartados:
QUEN SON? no que se recolle unha pequena introducción sobre o personaxe segredo que temos que descubrir.
PISTAS: as pistas que temos que seguir para quen é este personaxe segredo.
INFORMACIÓN: no que se atopan os enlaces que nos proporcionan a información para resolver as pistas.
CADERNO SEGREDO: fai referencia aos datos que se deben anotar para descubrir ao personaxe. Neste caso como é a nivel de infantil, primeiro ciclo, pódense incluir fichas para descargar.
INFORME FINAL: débese facer un informe sobre o personaxe segredo incluíndo todo o averiguado, o ver algún video relacionado con él se se trata dos máis pequenos.
PROPIETARIOS: as persoas que elaboraron a webclue.

Roberto Vidal Bolaño no teu iPad


Acabo de publicar unha pequena libreta de actividades para infantil coas que traballar a obra do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño.

Se queres descargala podes atopala entre os xogos de TinyTap (escribindo o nome do escritor no buscador) ou premendo na imaxe deste artigo.

Iso sí, tes que ter instalada a aplicación para poder xogar.
É de balde e para iPad





13 may. 2013

Recitamos un poema de Cantares Gallegos de Rosalía.


Le, escoita e escribe nun comentario o tema do poema.
                 8.
«Quixente tanto, meniña
Tívenche tan grande amor,
Que para min eras lua,
Branca aurora e craro sol;
Augua limpa en fresca fonte,
Rosa do xardin de Dios,
Alentiño do meu peito,
Vida do meu corazon.»
Asi che falin un dia
Camiñiño de S. Lois,
Tod' oprimido d' angustia,
Todo ardente de pasion;
Mentras que ti m' escoitabas,
Depinicando un-ha frol,
Por qu' eu non vise os teus ollos
Que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
En proba de teu amor,
Decheme un carabeliño,
Que gardin no corazon.
Negro carabel maldito
Que me fireu de dolor!
Mais á pasar pó lo rio
O carabel afondou!...
«Tan bó camiño ti leves
Com' ó carabel levou.»
Cantares Gallegos,1863

COÑECEMOS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Fonte: Concello de Santiago

Ao longo da semana pasada. na miña aula do C.E.E. Terra de Ferrol, estivemos a traballar a figura de Roberto Vidal Bolaño.
O primeiriño que fixemos foi coñecer un pouquiño a súa biografía. E que mellor que o propio Roberto para falarnos dela? Así que preparamos a seguinte animación:


Unha vez que xa aprendimos moitas cousas sobre a súa vida, decidimos ilustrala e gravala. Así de bonita nos quedou:

Recitamos un poema de Rosalía de Castro: "Nasín cando as prantas nasen"

Recitamos a Rosalía de Castro. Hoxe un poema de Cantares gallegos que fixeron  alumnos de 1º da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro.
2.
Nasin cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro cravo me encravaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corasón che mando
C' unha chave par' o abrir,
Nin eu teño máis que darche,
Nin ti máis que me pedir.

Aquí está o vídeo de Alejandro e Vicente Montoya de 1º B.

video

1.Busca no texto cinco exemplos de seseo.
2.Para falarmos: Como dirías que é a relación amorosa destas dúas persoas?

12 may. 2013

Web de Roberto Vidal Bolaño

Nesta web atoparedes toda a información sobre o escritor, actor e director Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013.


Material sobre Roberto Vidal Bolaño

No portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística atopamos moita información e material divulgativo e didáctico útil para estes días e outros nos que se traballe a figura de Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo ao que lle adicamos o Día das Letras Galegas neste ano 2013


Preme na imaxe


"As Nosas Letras" no Espazo Abalar

O pasado venres o noso proxecto "As nosas letras" foi engadido no Espazo Abalar como Experiencia de aula 2.0

Deixámosvos o enlace, preme na imaxe:


4 may. 2013

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Seguindo estas pistas, poderías dicirme de que poeta galego estamos a falar


utiliza a app AURASMA (canal: fragha) con esta foto

20 abr. 2013

MANUEL MARÍA

No seguinte vídeo, Xoel fálanos da Lingua Galega, a partir de verbas do poeta Manuel María

18 abr. 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO



 

Como ben sabedes este ano dedícaselle o día das letras galegas a Roberto Vidal Bolaño. Na aula virtual do CPI da Ribeira, no curso de letras galegas 2013, que está dentro da categoria de grupo de traballo 2012, déixovos un libro e un cuestionario sobre este dramaturgo, actor, director... Pinchade aquí para acceder directamente.
Están pensados para o último ciclo de Educación Primaria.
No libro podedes entrar directamente, pero como na aula virtual non teñen acceso aos cuestionarios os convidados, tendes unha copia de seguridade que podedes restaurar na aula virtual do voso centro.
Se vos vale de algo usade este material, reformádeo...pero conservade a autoría do que xa está feito.
Grazas.

10 abr. 2013

CÁTIGA

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

No seguinte vídeo recitamos un dos poemas máis coñecidos e musicalizados do poeta celanovés Curros Enríquez

6 abr. 2013

LONGA NOITE DE PEDRA

Celso Emilio Ferreiro

Brais recítanos o que tal vez sexa o poema máis coñecido de Celso Emilio, e que deu título a unha época na que o galego sufriu persecución e censura


3 abr. 2013

HISTORIA DA NOSA LINGUA

CANTAR DE CEGO

As alumnas e alumnos do terceiro ciclo do CPR Luis Vives de Ourense cóntannos a historia da nosa lingua a partir dun romance de Darío Xohán Cabana