3 jun 2016

Manuel María, arte e poesía

Este libriño de Manuel María foi elaborado polos nenos e nenas de 5 anos. Se les os códigos Qr que aparecen no libro, podedes ver a Manuel María e aos nenos e nenas recitando e cantando.


17 may 2016

Poemas de Manuel María con realidade aumentada.

Co obxectivo de coñecer e disfrutar dos poemas de Manuel María, propúxose no centro enriquecer os poemas que aparecen no libro Canta o Cuco con Aurasma. Para conseguilo cada clase realizou a lectura compartida dun dos poemas. Participaron dende os alumnos e alumnas de 3 anos hasta os alumnos e alumnas de 3º ciclo. Unha vez feitos enquecidos todos os poemas, o libro (xunto cunha tablet) empezou a viaxar polas clases para que todos puiederan ver o resultado final, e para que os pequenos de infantil puideran disfrutar dos poemas sen a necesidade de saber ler.

13 may 2016

Manuel María, poeta da chaira.

En 3º da ESO algúns alumnos fixeron vídeos con poemas de Manuel María. Primeiro gravaron en audio o texto e despois montaron as imaxes e a música en Movie Maker. Velaquí algúns deles.






8 abr 2016

GÚSTANOS FACER POEMAS

Como o 2016 é ano olímpico, os nenos e nenas de 4ºB, que somos algo poetas, fixemos uns poemas relacionados cos deportes olímpicos. 
Cada un de nós ilustrou e gravou o seu poema, que poderedes escoitar lendo os códigos QR.
LIBRO POE
View more presentations or Upload your own.

7 mar 2016

Carteis para o Día da Muller, 2016.

Os alumnos coaboradores da biblioteca fixemos carteis para a o Día da Muller sobre aquelas mulleres que foron pioneiras nas súas vidas ou que nos chamaron a atención por algo. Estes son algúns dos traballos.




2 feb 2016

MANUSCRITOS ROSALIANOS

Descubrindo como eran os libros antes da invención da imprenta, e de paso, lendo a nosa "poeta" (sóanos mellor que poetisa) preferida, Rosalía de Castro.
Para facer os manuscritos simplemente enrugamos unha folla, despois volvemos estendela, empapámola ben en café, e finalmente secámola (para iso usamos un secador de pelo)






...

29 ene 2016

UN POEMA PARA A PAZ

Na compaña da poesía, do ritmo e da estética do noso poeta vigués, Antonio García Teijeiro, a nosa pombiña poeta une o mar e o ceo neste precioso poema.
Os nenos e nenas de 5 anos ilustraron o poema dando cor as palabras. En cada páxina hai un código QR co que podemos escoitar aos peques.

Leer más publicaciones en Calaméo

QUE BEN RECITAN ESTES NENOS E NENAS DE 5 ANOS!!!