21 jul 2011

Caracol e caracola



Orixinal versión do conto en sombras chinesas feito por nenos e nenas de 1º de Educación Primaria xunto coa mestra de música María, quen nos comenta en que consiste:

Este video é un exemplo dun dos contos que representaron os de 1º: "Caracol e Caracola" de OQO editora. Felicidades a Xerome, Lucía ,Tiffany, Alemu e Nerea polo seu traballo! E por suposto a Alba por ler tan ben e casi sin ensaio o contiño.

29 jun 2011

Decoración Festival Letras Galegas 2011

Compartimos o deseño da decoración do noso salón para a celebración do Día das Letras Galegas deste ano adicado a Lois Pereiro.
Elaboramos unha enorme bandeira de Galicia na que escribimos un resumo do motivo polo que a celebración deste día é o 17 de maio.



Este é o texto do que parte o noso resumo:

No ano 1963 a Real Academia Galega aprobaba por unanimidade a declaración do día 17 de maio como festa anual do Día das Letras Galegas.
        A proposta partira de tres membros desta institución: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; a raíz do centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. 
        Baseaban os académicos a súa proposta en que este foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal. “Foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea, e a súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”.
         Ignorábase a data exacta de publicación do libroCantares Gallegos, pero propúxose o 17 de maio por ser ese día cando Rosalía llo dedicou á escritora e poeta Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber, 1796-1877) 

Esta é a carta que Rosalía escribe a Fernán Caballero adicándolle a súa obra: 

A Fernán Caballero

              Señora:
Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.
  Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía de Castro de Murguía. 

A carta escrita por Rosalía de Castro pódese apreciar no lado esquerdo da fotografía

28 jun 2011

CONÉCTATE COA NOSA LINGUA

Este é o cartaz principal do Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Infante Felipe de Borbón

27 jun 2011

CAL É A TÚA LINGUA?

Desfrutade con este fermoso traballo elaborado polo Departamento de Normalización Lingüística do CEIP Infante Felipe de Borbón

10 jun 2011

DENDE O CORAZÓN

A clase de 1º B do CEIP Infante Felipe de Borbón aprendeu de memoria un poema de Lois Pereiro, autor homenaxeado neste ano 2011 no Día das Letras Galegas.
Comparten con nós o resultado e posta en escea.
Noraboa rapaces e rapazas! Sodes uns artistas!




Dende o corazón from Mestra Primaria on Vimeo.

8 jun 2011

Traballo de investigación


A mestra Isabel, do primeiro curso de primaria do CEIP Maquesa do Pazo da Mercé comparte con nós estas actividades para traballar o libro CACARABÍN, CACARABÓN do que o seu alumnado, entre outras moitas cousas, fixo uns estupendos recitados 

Este é un traballo en rede que preparamos para que os nenos e nenas de 1º investigaran sobre o libro, sobre o autor e a súa obra e incluso sobre o ilustrador. Cada alumno tiña unha ficha na que tiña as preguntas que aquí aparecen, para que as fosen contestando coa axuda das distintas páxinas propostas. Foi a primeira vez que tiñan que investigar deste xeito e aprenderon moito.
Se pinchades nos enlaces podedes buscar neses textos a resposta ás preguntas. Debaixo de cada enlace tedes as preguntas que podedes contestar con ese texto.

ENLACE 1
1.     Cal é o título do libro?
2.    Que tipo de libro é?
3.    Como se chama o autor do libro?

1.     Onde naceu o autor?
2.    Que profesión ten? 
3.    Cando escribiu o libro?
4.    Escribiu o autor moitos libros para nenos e nenas?

1.     Quen fixo os debuxos do libro? (Buscade o ilustrador)

Aquí podedes ver máis obras do Ilustrador do libro e do que xa sabedes o nome, ¿verdade?
E aquí quedanvos algunhas obras do autor ENLACE 5

Canto aprendestes. Seguro que sabedes contestar a tódalas preguntas sen mirar a ficha.



Recitando poemas

Dende o RECANTO do primeiro ciclo do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé en As Neves chéganos esta preciosa actividade.
O alumnado de 1º de Educación Primaria traballou o libro de poemas titulado Cacarabín, cacarabón do autor galego Antonio García Teijeiro.
Cada neno/a foi representante dun dos poemas: levárono para a casa, lérono coas súas familias, o memorizaron e fixeron un debuxo do que representaba para eles o poema. 
Xa na aula fixeron os recitados e comprobaron a ilustración que para cada poema fixera Teo Puebla na edición impresa do libro.


Neste enlace podedes escoitar as recitacións.


RECITADOS 



2 jun 2011

Videoconferencia entre Guillarei e Salvaterra

O pasado venres 29 de maio os alumnados dos centros CEIP Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón mantiveron unha videoconferencia na que intercambiaron actividades. Nenos e nenas de Guillarei fixeron preguntas ao alumnado de Salvaterra, caracterizado como Rosalía de Castro e Lois Pereiro.

Foi unha experiencia estupenda!
Vivan as nosas letras! Viva o Día das Letras Galegas!!!

As nosas letras galegas

Presentamos o traballo colaborativo feito por todo o alumnado e profesorado do CEIP Infante Felipe de Borbón para a celebración do Día das Letras Galegas 2011


Nenos e nenas de 4 anos lendo o poema "Miau" de Fran Alonso

23 may 2011

Entrevista a Rosalía e Lois

A semana pasada os nenos e nenas de 4º do CEIP Infante Felipe de Borbón e de 5º do CEIP Nº1 de Tui  realizaron unha videoconferencia.
No centro de Salvaterra estaban Rosalía de Castro e Lois Pereiro para contestar ás preguntas dos xornalistas de Tui.
Neste video podemos ver un adianto do resultado
Bo traballo!


Primera aportación para o proxecto

Os nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Nº 1 de Tui fixeron este estupendo traballo e queren compartilo no proxecto As nosas letras!
Moitísimas grazas!



8 may 2011

Proxecto AS NOSAS LETRAS

Que é As nosas letras?
Un proxecto donde imos reunir distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas na escola e para a escola. Neste blogue, As nosas letras, as compartiremos e as viviremos

Os obxectivos deste proxecto son:

1)    Potenciar o gusto pola cultura en especial atención á de Galicia.
2)    Coñecer a homes e mulleres que realizaron aportacións importantes á cultura e sociedade galega
3)    Fomentar o espíritu colaborativo
4)    Animar ao noso alumnado a expresarse mediante distintos xeitos

Podes participar, anímate, é moi sinxelo:
Pode participar calquer docente de infantil ou primaria co seu grupo de alumnos/as cunha. A actividade pode ser un baile, unha canción, unha representación teatral, a recitación dun poema, a representación dun conto, a lectura de historias ou biografías de escritores/as,… todo canto se poda representar coas letras galegas de fondo.

O que necesitas facer para inscribirte é o seguinte:

Envía os teus datos a este enderezo: asnosasletras@gmail.com

Título da Actividade
Nome do centro
Curso do alumnado
Nome e apelidos da mestra ou mestre
Breve reseña sobre a actividade
Url relacionada con algún dos apartados anteriores


BASES QUE RESUMEN O PROXECTO “AS NOSAS LETRAS”
1º Poderá participar todo docente con alumnado de calquer idade, de calquier parte do mundo, sempre que o idioma usado sexa o galego.

2º Cada docente podrá inscribirse cantas veces como o desexa coas actividades que o desexe.

3º Para participar haberá que ponerse en contacto cos organizadores do proxecto mediante o correo asnosasletras@gmail.com aportando os datos seguintes: o título da actividade, o nome do centro, o curso do alumnado, o nome e apelidos da mestra ou mestre, unha breve reseña sobre a actividade e a url relacionada con algún dos apartados anteriores.

4º Os docentes participantes darán o seu permiso para aloxar a actividade no blogue http://letrasgalegas.blogspot.com así como a dirección do seu centro e a url aportada para o apartado anterior.

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E COLABORACIÓN.
DESEXÁMOSVOS UN FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS, NESTE ANO E SEMPRE!!!

5 may 2011

O meu gato é un poeta

Recomendamos este libro de poemas escrito por Fran Alonso
Visita a súa páxina! gatopoeta.net

3 may 2011

PROXECTO "AS NOSAS LETRAS"

Queremos convidarte a participar nesta iniciativa que pretende ser un punto de encontro entre comunidades educativas de distintas partes de Galicia e do mundo enteiro, tendo como tema principal As Letras Galegas.
Participar é moi sinxelo, simplemente fan falla intención e alegría. É por iso que pensamos en ti.
As aportacións irán dende vídeos, recitamentos, videoconferencias, presentacións, cancións, bailes… todo o que o noso alumnado, en grupo, poida representar coas nosas letras de fondo.
Participa! Estamos agardando por ti e polo teu alumnado!

Máis información: asnosasletras@gmail.com


1 may 2011

Seminario Galán e Lois Pereiro

Dende o Seminario Galán, un ano máis, agasállannos con material educativo para todas as idades.
Xa temos disponible actividades para traballar o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro

Negra Sombra

Enlace cunha MiniQuest para saber case todo sobre o poema Negra Sombra e a súa música

LIM Lois Pereiro en Econenos

Na web Econenos atopamos un estupendo traballo en LIM para que todas as idades traballen o autor homenaxeado neste ano 2011: Lois Pereiro

A nosa benvida

Hoxe nace este blogue coa intención de ubicar nel distintos traballos cun factor común: As Letras Galegas.
Seguídenos e participade!