8 jun. 2011

Recitando poemas

Dende o RECANTO do primeiro ciclo do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé en As Neves chéganos esta preciosa actividade.
O alumnado de 1º de Educación Primaria traballou o libro de poemas titulado Cacarabín, cacarabón do autor galego Antonio García Teijeiro.
Cada neno/a foi representante dun dos poemas: levárono para a casa, lérono coas súas familias, o memorizaron e fixeron un debuxo do que representaba para eles o poema. 
Xa na aula fixeron os recitados e comprobaron a ilustración que para cada poema fixera Teo Puebla na edición impresa do libro.


Neste enlace podedes escoitar as recitacións.


RECITADOS 



1 comentario:

  1. Nenos e nenas de As Neves:
    Bo traballo! Ledes moi ben!
    Grazas, a vós e á vosa mestra Isabel, por compartir esta actividade en "As nosas letras"

    ResponderEliminar