Mostrando entradas con la etiqueta CEIP García Barbón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP García Barbón. Mostrar todas las entradas

1 may 2017

A GALIÑA AZUL, CURTA DE ANIMACIÓN EN PLASTILINA

O alumnado de 5º de E.Infantil  e de 4º de E. Primaria do CEIP García Barbón, colaboraron activamente para poder crear esta curta de animación coa app Stop Motion.


A GALIÑA AZUL - CARLOS CASARES from Julia Pérez on Vimeo.

24 feb 2017

DÍA DE ROSALíA, ROSALÍATE

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS APRENDEMOS O POEMA "PARECE UNHA ROSA" E RECITÁMOLO ENTRE TOD@S.

PARECE UNHA ROSA from Julia Pérez on Vimeo.

3 jun 2016

Manuel María, arte e poesía

Este libriño de Manuel María foi elaborado polos nenos e nenas de 5 anos. Se les os códigos Qr que aparecen no libro, podedes ver a Manuel María e aos nenos e nenas recitando e cantando.


8 abr 2016

GÚSTANOS FACER POEMAS

Como o 2016 é ano olímpico, os nenos e nenas de 4ºB, que somos algo poetas, fixemos uns poemas relacionados cos deportes olímpicos. 
Cada un de nós ilustrou e gravou o seu poema, que poderedes escoitar lendo os códigos QR.
LIBRO POE
View more presentations or Upload your own.

29 ene 2016

UN POEMA PARA A PAZ

Na compaña da poesía, do ritmo e da estética do noso poeta vigués, Antonio García Teijeiro, a nosa pombiña poeta une o mar e o ceo neste precioso poema.
Os nenos e nenas de 5 anos ilustraron o poema dando cor as palabras. En cada páxina hai un código QR co que podemos escoitar aos peques.

Leer más publicaciones en Calaméo

QUE BEN RECITAN ESTES NENOS E NENAS DE 5 ANOS!!!

11 mar 2015

PINTA, CANTA E ROBOTÍZATE CON ROSALÍA

As actividades que se desenvolven a continuación leváronse a cabo nunha aula de 4 anos:


Coñecemos un pouco da vida da nosa escritora, utilizando un LIM que elaborei hai dous anos.




Rosalía recitounos as estrofas do poema que traballamos na aula.

  



Para aprender o vocabulario do poema: ríos, fontes, horta, figueira...Usamos as imaxes deste  Video de youtube.

Elaborei a seguinte ficha en formato díptico, cun código QR que nos permitiu escoitar a Amancio Prada na escola e na casa.




Gravamos o noso poema
Así quedaron os nosos traballos 




E para rematar!!!
Iniciamos a nosa andaina no mundo da Robótica da man da nosa abelliña (BEE-BOT).
A nosa actividade: "XOGANDO CO NOME DE ROSALÍA"

1. Escribir o nome da escritora no chan con xiz.

2. Colocamos o noso taboleiro coa caricatura da escritora, punto de partida do noso   BEE-BOT, e as letras. 

3. Programamos a nosa abelliña (dirección en secuencias adiante  atrás, esquerda, dereita) para que siga o camiño das letras do nome da escritora.