2 dic 2015

MANS POLA IGUALDADE

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os nenos e nenas do terceiro ciclo do CEIP de Maciñeira, fixeron unha adaptación do álbum ilustrado de Xabier Docampo, "MANS" (idea orixinal do CEIP Frians Teis)



24 nov 2015

A primavera de Curros

Manuel Curros Enríquez, natural de Celanova  é un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
Este curso pasado quixemos recordalo e coñecelo máis de preto e ilustramos unha das súas poesías, titulada " A Primavera" pertencente ao libro Aires da miña terra.  Empregamos a aplicación BOOK CREATOR tanto para crear os debuxos como para escribir os textos.


Podedes ver no seguinte slide o traballo de ilustración.

24 jun 2015

Exposición de galegas ilustres.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria realizaron unha exposición de carteis con códigos QR adicados a figura de distintas mulleres galegas que destacan en distintos campos.
Ao ler o código QR se accede a un vídeo feito coa app ChatterPix onde cada protagonista do cartel conta a súa historia.
Para ver o resto de vídeos premer aquí.

31 may 2015

ENTREVISTAMOS A ...PAULA CARBALLEIRA


Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:

  

20 may 2015

O dragón e o Caldeiro Máxico

Este é un proxecto aínda inacabado. Baséase na invención de historias, na imaxinación, no xogo coa lingua galega, na escritura e, por suposto, na narrativa mediante os novos medios. O seu nome, O dragón e o Caldeiro Máxico, ten unha explicación que se conta nese sitio. O obxectivo é sinxelo: recoller e pasar a un formato dixital todas as historias que se coñecen dun ser especial chamado Ismaíl o diminuto. Desde a primeira, O pobre Ismaíl (1996), que naceu no país de Malpica de Bergantiños; ata a última historia polo momento, O Mundo Gominola (2015), descuberta nas terras de Culleredo.

O protagonista de moitas das historias que se poden ler, vive agora no blog Escola de Ismaíl (4). Alí espera a vosa visita, pois sempre seredes ben recibidos…

O dragón e o Caldeiro Máxico

18 may 2015

A nosa versión de: Os nenos de Xosé Filgueira Valverde.

En 1925 Xosé Filgueira Valverde publicou a súa obra Os nenos, na que pequenos e pequenas contaban historias ou recordos propios da vida cotiá. Os alumnos de 3 anos, coa colaboración dos alumnos de 5º de primaria, realizaron un ibook para aprender vocabulario en galego, onde recolleron os seus propios recordos ou historias.
Así é como se visualizan as páxinas.

Este foi o resultado final en vídeo.

15 may 2015

8 may 2015

O pomar, de Xosé Filgueira Valverde

Na aula de 1º B do CEIP Nosa Señora dos Remedios, realizamos diferentes traballos sobre o texto "O Pomar" (escollido dos materiais do Seminario Galán) de xeito colaborativo.

6 grupos
4 membros
6 actividades
1 produto final


  • Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
  • Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
  • Grupo 3: Cartel do texto.
  • Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
  • Grupo 5: Ilustración do texto.
  • Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.


PRODUTO FINAL: vídeo que recompile todas as actividades.


ADIOS RIOS, ADIOS FONTES

Éste é o trababallo rematado que fixemos na aula de 6º A do CEIP Canicouva (Vigo) sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. É un iMovie que consta de 3 partes: a primeira delas xa está subida neste blogue fai unhos meses co título de Lembrando a Rosalía, é o poema escrito coa app Notegraphy; na segunda parte recitan o poema coa app Tellagami, os fondos elixíronlos os nen@s e as voces tamén son as deles; e a terceira parte fai referencia a todos aqueles sentimentos ou palabras que lles transmite o poema, fixéronlo coa app ImageChef. Esperamos que vos guste

7 may 2015

Facendo infografías con textos de Filgueira Valverde.

Adiantamos aquí unha mostra dun traballo que estamos facendo co gallo das Letras Galegas nun curso de diversificación e en 1º da ESO os alumnos do IES María Sarmiento. Non poderemos acabalo ata despois do 17 por ter outras actividades programadas, pero compartimos algo do que levamos feito.
Preme na imaxe para ver o noso traballo.


PALABRAS CON ENCANTO

Os alumn@s de 6º A do CEIP Canicouva (Vigo) montaron esta película coa aplicación iMovie que consta da selección dunha palabra en galego que cada neno/a elixiu porque lle gusta, transmite ou recorda algo positivo e, mediante a aplicación PicsArt, crearon unha imaxe da mesma co seu nome. Unha vez insertadas todas no iMovie grabaron o que esta palabra lles transmite. Esta actividade fixéronna na aula usando tablets.

2 may 2015

Lectura comprensiva: Penúltimas tendencias de Carlos Negro.

En 1º da ESO este trimestre estamos traballando o texto poético e iniciándonos no comentario de texto. Aquí van algúns dos traballos que facemos. O libro que traballamos é Penúltimas tendencias, de Carlos Negro. Ao longo do trimestre leremos tamén O meu gato é un poeta de Fran Alonso
Ademais facemos unha incursión polo campo da publicidade que seguiremos desenvolvendo en seguintes sesións.

Para ver os nosos traballos clicade na imaxe.

30 abr 2015

Quén é Xosé Filgueira Valverde?




O alumnado do CEE de Panxón realizou este vídeo para participar no proxecto As nosas letras amosando o traballo realizado sobre a vida do autor homenaxeado neste ano 2015 no Día das Letras Galegas.

O proceso foi o seguinte.

Os alumnos e alumnas, distribuidos en equipos de 4, recibiron un fragmento da información sobre a vida de Xosé Filgueira Valverde cada un.
Fíxose unha lectura compartida obtendo una lista de palabras clave de cada fragmento.
Cada equipo realizou un esquema coa aplicación Popplet con esas palabras.
Coa aplicación Tellagami gravaron os nomes dos participantes.
Finalmente se uniron todos os vídeos coas imaxes dos esquemas.

A información utilizada sobre o autor foi descargada na web do Seminario Galán
Enlace ao documento.
A realización da actividade foi posible grazas a colaboración de todo o alumnado e profesorado do CEE de Panxón e o proxecto @convigotablets.


26 abr 2015

Poesía colaborativa "Somos piratas"

Na aula de 1ºB decidimos facer este ano, polo día do libro, unha poesía colaborativa.

Cun remuíño de ideas decidimos o tema (os piratas) e as palabras que poderían aparecer nesta poesía.

 Entre todos elaboramos a primeira estrofa.

 Amigos piratas 
 que saquean tesouros. 
 Grandes piratas 
 que teñen ouro. 

 A seguinte estrofa é diferente para cada equipo. Empregamos a metodoloxía do traballo colaborativo para que cada membro do grupo pensase e escribise un verso.

 Rematamos coa gravación dun vídeo coa poesía completa de cada equipo.





1 abr 2015

A COCIÑA DO INFERNO


A COCIÑA DO INFERNO é o prato caseiro que os alumnos e alumnas de sexto de Primaria do C.P.R. Plurilingüe Luis Vives Ourense cociñaron despois de ler a marabillosa historia de "Escarlatina, a cociñeira defunta" escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Víctor Rivas.

Se queres "saborealo" só tes que pulsar na imaxe.

Esperamos que vos goste. 



17 mar 2015

LEMBRANDO A ROSALÍA

Este ano, os nen@s de 6ºA do CEIP Canicouva (Vigo) traballaron o poema "Adios ríos, adios fontes" de Rosalía de Castro. A primeira actividade que fixeron con él foi coñecer as súas estrofas e, para iso, escribíronnas coa aplicación "Notegraphy", buscando o deseño que máis lles gustaba. Aquí as presentamos

11 mar 2015

PINTA, CANTA E ROBOTÍZATE CON ROSALÍA

As actividades que se desenvolven a continuación leváronse a cabo nunha aula de 4 anos:


Coñecemos un pouco da vida da nosa escritora, utilizando un LIM que elaborei hai dous anos.




Rosalía recitounos as estrofas do poema que traballamos na aula.

  



Para aprender o vocabulario do poema: ríos, fontes, horta, figueira...Usamos as imaxes deste  Video de youtube.

Elaborei a seguinte ficha en formato díptico, cun código QR que nos permitiu escoitar a Amancio Prada na escola e na casa.




Gravamos o noso poema
Así quedaron os nosos traballos 




E para rematar!!!
Iniciamos a nosa andaina no mundo da Robótica da man da nosa abelliña (BEE-BOT).
A nosa actividade: "XOGANDO CO NOME DE ROSALÍA"

1. Escribir o nome da escritora no chan con xiz.

2. Colocamos o noso taboleiro coa caricatura da escritora, punto de partida do noso   BEE-BOT, e as letras. 

3. Programamos a nosa abelliña (dirección en secuencias adiante  atrás, esquerda, dereita) para que siga o camiño das letras do nome da escritora. 



24 feb 2015

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Este ano estou de titora de 5º de Primaria nun novo centro, o CEIP de Maciñeira. Hoxe na miña aula, celebramos o día de Rosalía con distintas actividades.

Gravando este video:

 

Facendo un mural no que escribimos  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe cúmprese o 178 aniversario de Rosalía de Castro, e na aula de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui  decidimos celebralo facendo raps coas súas poesías, disfrutádeas ;)

O NOSO LIBRO NO DÍA DE ROSALÍA

Os nenos e nenas de 1ºA do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé estivemos a traballar na aula sobre a autora Rosalía de Castro.  Aquí vos queremos deixar o noso primeiro traballo como ilustradores. Escollemos un dos poemas de Rosalía de Castro, recollido no libro "Cantares Gallegos". O anaco do poema que escollemos é a parte III do poema número 26.

TURRA, TURRA ....comeza esta parte que nos gustou moito.

Copiamos a letra de cada estrofa e fixemos os debuxos. Logo sacámoslles nós as fotos,  gravamos ás nosas lecturas no ordenador e a profe montou o video na tablet. Tamén fixemos un libro con todo o noso traballo. Aquí vos deixamos o video e tamén ás fotos do traballo final para encadernar.

Esperamos que vos guste.




8 feb 2015

Cantando o corpo.

Os alumnos de 4º de Educación Infantil do Ceip Balaídos realizaron catro videoclips para aprender as partes do corpo dunha maneira rítmica e divertida. Coa axuda do mestre e das familias os peques deberon buscar as cancións no cole e na casa, traducilas entre todos, aprendender a letra e idear os bailes, facer as fotos do corpo, facer un esbozo do corpo, colorear debuxos, facer un mural coas mans, escoller os fondos, grabalas...