31 may 2013

CREBACABEZAS.

Facemos crebacabezas e coñecemos ás nosas esritoras.

25 may 2013

ASÍ O CELEBRAMOS, LETRAS GALEGAS 2013


No CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, as aulas de 3º e 6º de primaria, decidimos traballar de maneira cooperativa. Cada alumn@ elixiu un personaxe ao que xa se lle adicou o Día das Letras Galegas e foi a explicalo ás outras clases. Despois fixemos un video no que os alumn@s de 6º de primaria representan os personaxes que cada un elixiu e os de 3º de primaria representan a Vidal Bolaño.
A intención dos alumn@s era facer un Harlem Shake adapatado. Agardamos que vos guste!!!

14 may 2013

AS TÚAS VERBAS, A NOSA VOZ



ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Biografía



Anacos da súa obra "Laudamuco, señor de ningures"




Anaco da obra "Xáxara, Peituda, Paniogas, Taselo, o Rapaz e o Cachamón..."

WEBCLUE SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


Co material que temos preparado sobre Roberto Vidal Bolaño, fixemos unha WEBCLUE. Unha Webclue é unha actividade na que os nenos e nenas deben convertirse en detectives para descubrir a identidade dun personaxe segredo seguindo unha serie de pistas.
Constan de seis apartados:
QUEN SON? no que se recolle unha pequena introducción sobre o personaxe segredo que temos que descubrir.
PISTAS: as pistas que temos que seguir para quen é este personaxe segredo.
INFORMACIÓN: no que se atopan os enlaces que nos proporcionan a información para resolver as pistas.
CADERNO SEGREDO: fai referencia aos datos que se deben anotar para descubrir ao personaxe. Neste caso como é a nivel de infantil, primeiro ciclo, pódense incluir fichas para descargar.
INFORME FINAL: débese facer un informe sobre o personaxe segredo incluíndo todo o averiguado, o ver algún video relacionado con él se se trata dos máis pequenos.
PROPIETARIOS: as persoas que elaboraron a webclue.

Roberto Vidal Bolaño no teu iPad


Acabo de publicar unha pequena libreta de actividades para infantil coas que traballar a obra do escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño.

Se queres descargala podes atopala entre os xogos de TinyTap (escribindo o nome do escritor no buscador) ou premendo na imaxe deste artigo.

Iso sí, tes que ter instalada a aplicación para poder xogar.
É de balde e para iPad





13 may 2013

Recitamos un poema de Cantares Gallegos de Rosalía.


Le, escoita e escribe nun comentario o tema do poema.
                 8.
«Quixente tanto, meniña
Tívenche tan grande amor,
Que para min eras lua,
Branca aurora e craro sol;
Augua limpa en fresca fonte,
Rosa do xardin de Dios,
Alentiño do meu peito,
Vida do meu corazon.»
Asi che falin un dia
Camiñiño de S. Lois,
Tod' oprimido d' angustia,
Todo ardente de pasion;
Mentras que ti m' escoitabas,
Depinicando un-ha frol,
Por qu' eu non vise os teus ollos
Que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
En proba de teu amor,
Decheme un carabeliño,
Que gardin no corazon.
Negro carabel maldito
Que me fireu de dolor!
Mais á pasar pó lo rio
O carabel afondou!...
«Tan bó camiño ti leves
Com' ó carabel levou.»
Cantares Gallegos,1863

COÑECEMOS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Fonte: Concello de Santiago

Ao longo da semana pasada. na miña aula do C.E.E. Terra de Ferrol, estivemos a traballar a figura de Roberto Vidal Bolaño.
O primeiriño que fixemos foi coñecer un pouquiño a súa biografía. E que mellor que o propio Roberto para falarnos dela? Así que preparamos a seguinte animación:


Unha vez que xa aprendimos moitas cousas sobre a súa vida, decidimos ilustrala e gravala. Así de bonita nos quedou:

Recitamos un poema de Rosalía de Castro: "Nasín cando as prantas nasen"

Recitamos a Rosalía de Castro. Hoxe un poema de Cantares gallegos que fixeron  alumnos de 1º da ESO do IES María Sarmiento de Viveiro.
2.
Nasin cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod' acabou para min,
Qu' eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro cravo me encravaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corasón che mando
C' unha chave par' o abrir,
Nin eu teño máis que darche,
Nin ti máis que me pedir.

Aquí está o vídeo de Alejandro e Vicente Montoya de 1º B.

1.Busca no texto cinco exemplos de seseo.
2.Para falarmos: Como dirías que é a relación amorosa destas dúas persoas?

12 may 2013

Web de Roberto Vidal Bolaño

Nesta web atoparedes toda a información sobre o escritor, actor e director Roberto Vidal Bolaño, Letras Galegas 2013.


Material sobre Roberto Vidal Bolaño

No portal da Secretaría Xeral de Política Lingüística atopamos moita información e material divulgativo e didáctico útil para estes días e outros nos que se traballe a figura de Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo ao que lle adicamos o Día das Letras Galegas neste ano 2013


Preme na imaxe


"As Nosas Letras" no Espazo Abalar

O pasado venres o noso proxecto "As nosas letras" foi engadido no Espazo Abalar como Experiencia de aula 2.0

Deixámosvos o enlace, preme na imaxe:


4 may 2013

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Seguindo estas pistas, poderías dicirme de que poeta galego estamos a falar


utiliza a app AURASMA (canal: fragha) con esta foto