31 may 2015

ENTREVISTAMOS A ...PAULA CARBALLEIRA


Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:

  

20 may 2015

O dragón e o Caldeiro Máxico

Este é un proxecto aínda inacabado. Baséase na invención de historias, na imaxinación, no xogo coa lingua galega, na escritura e, por suposto, na narrativa mediante os novos medios. O seu nome, O dragón e o Caldeiro Máxico, ten unha explicación que se conta nese sitio. O obxectivo é sinxelo: recoller e pasar a un formato dixital todas as historias que se coñecen dun ser especial chamado Ismaíl o diminuto. Desde a primeira, O pobre Ismaíl (1996), que naceu no país de Malpica de Bergantiños; ata a última historia polo momento, O Mundo Gominola (2015), descuberta nas terras de Culleredo.

O protagonista de moitas das historias que se poden ler, vive agora no blog Escola de Ismaíl (4). Alí espera a vosa visita, pois sempre seredes ben recibidos…

O dragón e o Caldeiro Máxico

18 may 2015

A nosa versión de: Os nenos de Xosé Filgueira Valverde.

En 1925 Xosé Filgueira Valverde publicou a súa obra Os nenos, na que pequenos e pequenas contaban historias ou recordos propios da vida cotiá. Os alumnos de 3 anos, coa colaboración dos alumnos de 5º de primaria, realizaron un ibook para aprender vocabulario en galego, onde recolleron os seus propios recordos ou historias.
Así é como se visualizan as páxinas.

Este foi o resultado final en vídeo.

15 may 2015

8 may 2015

O pomar, de Xosé Filgueira Valverde

Na aula de 1º B do CEIP Nosa Señora dos Remedios, realizamos diferentes traballos sobre o texto "O Pomar" (escollido dos materiais do Seminario Galán) de xeito colaborativo.

6 grupos
4 membros
6 actividades
1 produto final


  • Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
  • Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
  • Grupo 3: Cartel do texto.
  • Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
  • Grupo 5: Ilustración do texto.
  • Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.


PRODUTO FINAL: vídeo que recompile todas as actividades.


ADIOS RIOS, ADIOS FONTES

Éste é o trababallo rematado que fixemos na aula de 6º A do CEIP Canicouva (Vigo) sobre o poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro. É un iMovie que consta de 3 partes: a primeira delas xa está subida neste blogue fai unhos meses co título de Lembrando a Rosalía, é o poema escrito coa app Notegraphy; na segunda parte recitan o poema coa app Tellagami, os fondos elixíronlos os nen@s e as voces tamén son as deles; e a terceira parte fai referencia a todos aqueles sentimentos ou palabras que lles transmite o poema, fixéronlo coa app ImageChef. Esperamos que vos guste

7 may 2015

Facendo infografías con textos de Filgueira Valverde.

Adiantamos aquí unha mostra dun traballo que estamos facendo co gallo das Letras Galegas nun curso de diversificación e en 1º da ESO os alumnos do IES María Sarmiento. Non poderemos acabalo ata despois do 17 por ter outras actividades programadas, pero compartimos algo do que levamos feito.
Preme na imaxe para ver o noso traballo.


PALABRAS CON ENCANTO

Os alumn@s de 6º A do CEIP Canicouva (Vigo) montaron esta película coa aplicación iMovie que consta da selección dunha palabra en galego que cada neno/a elixiu porque lle gusta, transmite ou recorda algo positivo e, mediante a aplicación PicsArt, crearon unha imaxe da mesma co seu nome. Unha vez insertadas todas no iMovie grabaron o que esta palabra lles transmite. Esta actividade fixéronna na aula usando tablets.

2 may 2015

Lectura comprensiva: Penúltimas tendencias de Carlos Negro.

En 1º da ESO este trimestre estamos traballando o texto poético e iniciándonos no comentario de texto. Aquí van algúns dos traballos que facemos. O libro que traballamos é Penúltimas tendencias, de Carlos Negro. Ao longo do trimestre leremos tamén O meu gato é un poeta de Fran Alonso
Ademais facemos unha incursión polo campo da publicidade que seguiremos desenvolvendo en seguintes sesións.

Para ver os nosos traballos clicade na imaxe.