COMO PARTICIPAR



Pode participar calquer docente de calquera etapa educativa co seu grupo de alumnos/as cunha actividade que pode ser un baile, unha canción, unha representación teatral, a recitado dun poema, a representación dun conto, a lectura de historias ou biografías de escritores/as,… todo canto se poida representar coas letras galegas de fondo.

BASES DE PARTICIPACIÓN NO PROXECTO AS NOSAS LETRAS:

1º Poderá participar todo docente con alumnado de calquer idade, de calquer parte do mundo, sempre que o idioma usado sexa o galego.

2º Para participar haberá que contactar cos organizadores do proxecto mediante o correo asnosasletras@gmail.com ou a conta de Twitter @asnosasletras aportando estes datos sobre a actividade que se quere compartir:
-tipo e título da actividade
-etapa educativa do alumnado que participa nela
-autor ou autora da obra orixinal na que se basa a actividade
-nome e localidade do centro educativo
-nome e apelidos do docente responsable

3º Os docentes participantes deberán ter no seu poder autorización das imaxes do seu alumnado e da información compartida no proxecto e darán o seu consentimento para aloxar esas actividades no blog http://letrasgalegas.blogspot.com