Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:
Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para celebrar o Día das Letras Galegas Participa! +info: asnosasletras@gmail.com
31 may 2015
ENTREVISTAMOS A ...PAULA CARBALLEIRA
Esta é a pequena entrevista que lle fixemos o pasado mes de abril á escritora, contacontos e tamén actriz, Paula Carballeira, aproveitando unha visita que fixo ao noso centro:
20 may 2015
O dragón e o Caldeiro Máxico
Este é un proxecto aínda inacabado. Baséase na invención de historias, na imaxinación, no xogo coa lingua galega, na escritura e, por suposto, na narrativa mediante os novos medios. O seu nome, O dragón e o Caldeiro Máxico, ten unha explicación que se conta nese sitio. O obxectivo é sinxelo: recoller e pasar a un formato dixital todas as historias que se coñecen dun ser especial chamado Ismaíl o diminuto. Desde a primeira, O pobre Ismaíl (1996), que naceu no país de Malpica de Bergantiños; ata a última historia polo momento, O Mundo Gominola (2015), descuberta nas terras de Culleredo.
O protagonista de moitas das historias que se poden ler, vive agora no blog Escola de Ismaíl (4). Alí espera a vosa visita, pois sempre seredes ben recibidos…
18 may 2015
A nosa versión de: Os nenos de Xosé Filgueira Valverde.
15 may 2015
EN GALEGO
8 may 2015
O pomar, de Xosé Filgueira Valverde
- Grupo 1: vídeo coa lectura/recitado do texto.
- Grupo 2: Nota cos adxectivos identificados.
- Grupo 3: Cartel do texto.
- Grupo 4: Mapa mental coas palabras femininas plural.
- Grupo 5: Ilustración do texto.
- Grupo 6: Nube de palabras coas árbores froiteiras atopadas.
ADIOS RIOS, ADIOS FONTES
7 may 2015
Facendo infografías con textos de Filgueira Valverde.
PALABRAS CON ENCANTO
2 may 2015
Lectura comprensiva: Penúltimas tendencias de Carlos Negro.
Ademais facemos unha incursión polo campo da publicidade que seguiremos desenvolvendo en seguintes sesións.
Para ver os nosos traballos clicade na imaxe.