3 may 2012

As nosas letras. Proxecto 2012

Xa estamos en maio, o mes das nosas letras.
Comeza a andaina do proxecto relacionado co Día das Letras Galegas. Un proxecto da escola e para a escola que reune distintas formas de demostrar o noso aprezo pola cultura galega e actividades relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas.


Lembramos que os obxectivos do proxecto son:

  1. Potenciar o gusto pola cultura en especial atención á de Galicia.
  2. Coñecer a homes e mulleres que realizaron aportacións importantes á cultura e á sociedade galega.
  3. Fomentar o espíritu colaborativo
  4. Animar ao noso alumnado a expresarse mediante distintos xeitos.
Se eres docente de infantil, primaria ou secundaria e queres participar co teu grupo de alumnos/as só terás que compartir con nós unha actividade (ben sexa baile, canción, representación teatral, recitación dun poema, representación dun conto, lectura dunha historia ou biografía dun escritor/a) que se poda representar coas letras galegas de fondo.

A novidade con respecto ao ano pasado é que cada mestre/a participante recibirá unha notificación de autoría para editar no blogue as súas propias entradas con total liberdade.

Le as bases e contacta con nós para participar ou consultar calquera cousa.

asnosasletras@gmail.com

Agardámoste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario