Despois de levar varios días coñecendo a vida e obra de Xosé Manuel Díaz Castro, os nenos de 1º de primaria fixeron entre todos unha lista con todas as palabras que lles pareceron máis significativas para eles. Un a un as foron escribindo no IPAD, na app Visual Poetry, escollimos o modelo, a cor do fondo e a cor das letras e este foi o resultado final.
Aquí compartimos actividades feitas na escola e para a escola que serven para celebrar o Día das Letras Galegas Participa! +info: asnosasletras@gmail.com
22 may 2014
Xosé María Díaz Castro en nubes de palabras.
Etiquetas:
1º primaria,
2014,
C.E.I.P Balaídos,
creación visual,
Letras Galegas,
nube de palabras,
primaria,
Xosé María Díaz Castro
21 may 2014
No niño novo do vento
Non é un vídeo de agora, que xa ten algúns anos. Pero a piques de rematar o curso, sabemos que moitos deixarán o niño de primaria para voar lonxe. Esa é a historia que contamos nestas imaxes, de cando uns nenos e nenas marcharon para seguir o seu camiño. Aínda me emociona un pouco, talvez por Álvaro Cunqueiro e Luis Emilio Batallán…
Etiquetas:
Álvaro Cunqueiro,
cancións,
CEIP Isaac Díaz Pardo,
poesía,
primaria,
vídeo
20 may 2014
Xosé María Díaz Castro e a súa poesía.
Xosé María Díaz Castro destacou, entre outras cousas, por escribir poesía, e no noso centro ocurriúsenos traballalas dándolle un toque de modernidade. Entre todos escollimos dous poemas, fixemos prácticas de recitado, atendendo a entoación, pausas e ritmo e despóis grabámolas cunha app do Ipad (o autorap) que convertiunas en rap!! Aquí temos dúas mostras.
Tanto lles gustou como quedou o rap, que non puideron resistir facer a súa propia versión.
Etiquetas:
apps,
C.E.I.P Balaídos,
infantil,
poesía,
primaria,
rap,
Xosé María Díaz Castro
POEMAS-PEDRA PARA AS LETRAS GALEGAS.
En 1º de ESO traballamos o texto poético por grupos e decidimos pasar o noso poema, que comentamos, a unha pedra (tamén valían cunchas,...) e expoñelos o Día das Letras Galegas. Este traballo forma parte dun proxecto máis amplo, pero hoxe decidimos presentarvos os nosos poemas; Esperamos que vos gusten.
Poemas de Nimbos.
Etiquetas:
1ºESO,
IES MªSarmiento,
Letras Galegas,
poesía,
secundaria,
videocreación,
Xosé María Díaz Castro
18 may 2014
Os homenaxeados len os nosos poemas.
Sempre que chega a data das letras galegas, os nenos e nenas len relatos, contos ou poemas d@ homenaxead@, pero no C.E.I.P Balaídos tivemos unha idea, que sexan os propios homenaxeados os que lean poesías que fixeron @s nos@s alumn@s. Así que coa app Funny Maker do IPAD fixemos que personalidades das letras galegas volveran recitar versos, aínda que por esta vez, non era eles os autores.
Etiquetas:
app,
apps,
Blanco Amor,
C.E.I.P Balaídos,
Castelao,
Curros Enriquez,
Novoneyra,
poesía,
Roberto Vidal Bolaño,
Rosalía,
videocreación
Teatro negro "Xogamos limpo".
Como todos os anos, o teatro negro da o pistoletazo de saída as actividades conmemorativa das letras galegas, adicadas a Xosé María Díaz Castro, no CEIP Balaídos. Os alumnos de 6º traballaron moi duro nas clases de música para preparar este espectáculo tan incrible. A obra chámase "Xogamos limpo", e trata sobre eses problemiñas que xorden no recreo cando xogamos ao fútbol. O guión da obra foi creada coa axuda dunha mestra de primaria, Ruth Bermúdez do CEIP Carrasqueira, Rafa, coordinador de normalización, o conxerxe, que axudou coa escenografía para que non entrara ningunha soa raiola de luz, e o resto do equipo docente. Foi un gran traballo do centro, e aquí tedes resultado.
Etiquetas:
C.E.I.P Balaídos,
Letras Galegas,
primaria,
teatro,
vídeo
17 may 2014
Terra sucada
O poema Terra sucada de Xosé María Díaz Castro está no seu único libro: Nimbos. Gravamos a lectura desa poesía mediante unha aplicación chamada Tellagami. Con ela podes contar pequenas historias a través de sinxelos vídeos animados…
Etiquetas:
apps,
CEIP Isaac Díaz Pardo,
Letras Galegas,
poesía,
primaria,
video,
Xosé María Díaz Castro
16 may 2014
En galego sentimos
Etiquetas:
2014,
bandeira,
CEIP Nosa Señora dos Remedios,
decoración,
Letras Galegas,
primaria,
sentimentos
13 may 2014
HOMENAXE Á NOSA LINGUA
A NOSA HOMENAXE AOS HOMENAXEADOS
Rematamos a nosa pequena, pero sentida, homenaxe a todos eses autores que ao longo destes anos se lles foi adicando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Eses autores que seguiron defendendo, falando e escribindo na nosa lingua, na lingua dos nosos antergos.
Ao final fixemos REALIDADE AUMENTADA, CÓDIGOS QR, CARICATURAS, VÍDEOS E SON.
Usamos tamén varias apps como: AURASMA, DEFORME, SOUNDCLOUD e MORFO BOOTH.
Etiquetas:
2014,
apps,
aurasma,
códigos qr,
CPR Luis Vives,
galego,
José Antonio Fraga,
Letras Galegas,
María Mariño,
Murguía,
Paz Andrade,
Pondal,
primaria,
RA,
Risco,
Rosalía,
son,
varios autores,
vídeo
5 may 2014
XOGAMOS CON XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO?
Xogo para repasar a biografía de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas:
Etiquetas:
2014,
C.E.E. Terra de Ferrol,
Díaz Castro,
Letras Galegas,
preguntas,
primaria,
secundaria,
xogo,
Xosé María Díaz Castro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)