20 may. 2014

Xosé María Díaz Castro e a súa poesía.

Xosé María Díaz Castro destacou, entre outras cousas, por escribir poesía, e no noso centro ocurriúsenos traballalas dándolle un toque de modernidade. Entre todos escollimos dous poemas, fixemos prácticas de recitado, atendendo a entoación, pausas e ritmo e despóis grabámolas cunha app do Ipad (o autorap) que convertiunas en rap!! Aquí temos dúas mostras.



Tanto lles gustou como quedou o rap, que non puideron resistir facer a súa propia versión.


Por outra banda, @s @lumnos de infantil tamén traballaron a poesía do homenaxeado deste ano. Cada un foi o encargado de ler un verso, e co esforzo de todos e todas, fixemos dous poemas preciosos: Encontros e Poema esmeralda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada