19 jun. 2014

As nosas palabras favoritas do curso

Remata o curso, e chega o momento de facer balance de todo o que aprendimos na nosa lingua. Durante este ano aprendemos un montón de palabras en galego falando, lendo e vendo contos,e xogando polos recantos.Por iso ocorríusenos facer de forma colaborativa entre todos os nenos e nenas co Book Creator un ibook coas palabras aprendidas durante este curso. Cada un escolleu unha palabra, elexíu a cor das páxinas e das letras, coa axuda do mestre buscou unha imaxe en internet ou fixo unha foto, tecleou a palabra, a escribíu en maiúscula e minúscula, e por último, grabou como se diría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario